Pasados dous anos da publicación da Resolución que regula as substitucións en Galicia, a Dirección Xeral acepta pór en funcionamento as substitucións horizontais.
A campaña de recollida de firmas, avalada maioritariamente polos traballadores da Administración de Xustiza, convence ao Director Xeral da necesidade da medida.
A campaña de recollida de firmas, avalada maioritariamente polos traballadores da Administración de Xustiza, convence ao Director Xeral da necesidade da medida.
Coas substitucións horizontais os traballadores van poder optar a postos cunha remuneración superior (xulgados de instrución, Rexistros Civís, SCNE, etc.) e abre a posibilidade a moitos traballadores que están lonxe do seu domicilio, a conciliar a súa vida familiar e laboral.
Esta medida, a partir de agora, permite que todos os postos que se atopen vacantes ou cuxo titular estea ausente en períodos de longa duración, como permisos, licenzas, comisións de servizos, excedencias, servizos especiais e liberacións sindicais, que non se cubran en substitución vertical, que é preferente á substitución horizontal, serán cubertas con substitucións horizontais que, á súa vez, serán ocupadas por funcionarios interinos. A substitucións horizontais, igual que as verticais, están reguladas na Resolución de sete de maio de 2008 (DOG Nº93, xoves, 15 de maio de 2008)
Que é unha substitución horizontal?
Cando non xulgado non existan postos adscritos ao corpo inferior ou non se presentásen solicitudes para a substitución vertical, a dirección Xeral de Xustiza procederá a provisión temporal do posto a través dunha substitución horizontal.
Mecánica de funcionamento.
Cando non se cubra por substitución vertical un posto, comeza un prazo de 3 días para que todos aqueles que estivesen interesados na substitución horizontal ofertada formulen as súas solicitudes.
Onde se remite a solicitude?
Dentro do mencionado prazo de 3 días hábiles os interesados na substitución dirixirán á Dirección Xeral de Xustiza as súas solicitudes, que poderán presentar a través de calquera dos medios previstos na Lei, pero que, en todo caso, deberán anticiparse por fax ou realizarse a través do Portal do Empregado Público.
Cando houbese varios interesados, a preferencia entre eles determinarase segundo os seguintes criterios:
1º.- Destinados no mesmo centro de destino
2º.- Na mesma localidade
3º.- Non mesmo partido xudicial
4º.- Destinados en distinto partido xudicial
Dentro de cada un destes grupos, terá preferencia o funcionario que teña mellor posto na escala.
Imprimir artículo