Convocatoria titores e curso selectivo Xestión-Acceso libre


18 de enero de 2011




Publicado na intranet xudicial

Publícase a convocatoria para a selección de titores para realizar as accións de titoría e formación (prácticas tuteladas) no lugar de traballo, a fin de que os alumnos que superaron a fase de oposición de xestión-acceso libre perfeccionen os coñecementos adquiridos na fase teórica do curso selectivo previsto na Orde JUS/3338/2008 do 10 de novembro, pola que se publica o proceso selectivo para o ingreso polo sistema de acceso libre ao Corpo de xestión procesual e administrativa.

A fase teórica do curso selectivo está prevista para o vindeiro 14 de febreiro, e a realización das prácticas tuteladas terá lugar do 28 de febrerio ao 8 de abril.

O prazo para remitir as solicitudes para ser titor remata o vindeiro 31 de xaneiro.

Nos documentos asociadas a esta nova podedes consultar as normas polas que se rexe o curso selectivo, así como a convocatoria de titores, a cal contén a instancia que deben remitir quen quera participar como titor.



Imprimir artículo