Publicado en www.codigocero.com
Na Rede, coma na vida, cómpre ter coidadiño con quen nos peta na porta en nome dalgunha empresa e sen achegar os sinais de confianza debidos. Estes sinais, por certo, non só son identificables a nivel presencial (un uniforme que non coincide, un logotipo cosido a man na camisa, unha hora de visita que non se lle ocorre a ninguén, etc), senón tamén a nivel dixital cando recibimos un correo falso ou visitamos unha páxina que está a suplantar a outra. Sinais hai moitos, pero se cadra o máis cantoso de todos é que se nos pidan cartos ou que se fagan pola Rede cousas que as entidades suplantadas nunca farían. Leas aparte, cómpre ter coidado estes días cun e-mail de Correos que non é de Correos.
Así llo advertiu aos medios e aos internautas a propia empresa postal, quen alerta sobre unha tentativa de calote por correo electrónico que consiste nunha suplantación do seu nome e imaxe para enganar aos usuarios da Rede. O anzol, unha vez máis, ten feitura de reclamo preocupante. Máis polo miúdo, de notificación de multa de tráfico, enviada a través da conta info@correos.es e levando adxunto un arquivo pdf. Sobra dicir que nin vén de Correos, aínda que o pareza, nin é unha notificación real. Se descargamos o pdf, de feito, instalarase no noso computador un programa que nos redirixe cara a unha web non desexada. O obxectivo dos responsables do envío é conseguir que lles acheguemos información bancaria persoal. Segundo informa Correos, a mensaxe non foi xerada por ninguén da empresa postal. Asemade, pídelle a quen a reciba que a elimine de contado.

Enlace permanente