Escrito remitido á responsable de programación de cursos da EGAP
Dende hai moitos anos CCOO vén reclamando a convocatoria dos cursos de Linguaxe Xurídica Medio e Superior en formato de Teleformación, para facilitar tanto aos traballadores que están destinados en Galicia como para os que aínda non con-seguiron un posto na nosa comunidade a conciliación da vida laboral e persoal e, ademais, para os traballadores que están fóra de Galicia que non teñan que utilizar as súas vacacións persoais para realizar o curso.
Por desgraza, tanto para os traballadores que están destinados en Galicia como os que están fóra, non foi posible realizar estes cursos a través da Teleformación ata este ano. Este ano 2011 será o primeiro que se poida realizar o curso de Linguaxe Xurídico Medio por Internet, esperamos que o ano que ven tamén sexa vía Teleformación o Superior, tal e como se comprometeu a Dirección da EGAP .
Valorando positivamente o esforzo realizado pola Administración para levar adiante esta formación vía Internet, entendemos que o número de prazas ofertadas, 30 prazas, para os funcionarios de Xustiza que están fóra da nosa Comunidade está moi por debaixo das demandadas, non debemos esque-cer que Galicia exporta un gran número de traballadores (tanto polo gran nivel dos opositores, como pola falta de pra-zas na administración de Xustiza de Galicia).
O número tan reducido de prazas destinadas para os traba-lladores que están actualmente fóra, de non ser modificado, provocará un gran prexuízo persoal e profesional, xa que todo aquel que non realice o curso este ano por falta de prazas estará en desvantaxe no próximo concurso de traslado con respecto a todos aqueles que si realizaron o curso. Na administración de Xustiza o curso de Linguaxe Xurídica equivale a 8 puntos e o de Linguaxe Xurídica Superior, 12 puntos, a efectos de concurso de traslados.
De pouco vale que a Administración acepte realizar a formación on-line se non vai acompañada das súas grandes virtudes, ampliación do número de alumnos, o que permitiría realizar o curso e conciliar a vida laboral e familiar. Tal e como se plántea a formación pola Administración só se concilia a vida laboral e familiar pero a cambio de prexudicar a un gran número de traballadores que partirán con desvantaxe no concurso de traslado.
Vigo, 10 de maio de 2011
Asdo. Pablo Valeiras Ríos
Responsable do Sector de Xustiza de CC.OO
Imprimir artículo