CCOO de Xustiza inicia unha campaña de recollida de firmas para solicitar da Dirección Xeral de Xustiza a convocatoria con carácter de urxencia aos sindicatos con representación no sector da Xustiza de Galicia a unha Mesa Monográfica sobre Lexnet, a fin de resolver todos os problemas xerados con motivo da súa implantación, e a negociación de todo aquelo que afecte aos dereitos dos traballadores.
- Obrigas xeradas pola súa implantación.
- Implicacións da súa utilización.
- Remuneracións que puideran corresponder.
- Vinculacións creadas pola sinatura dos contratos de adhesión.
- Consecuencias que se derivan da sinatura do contrato entre a FNMT e o funcionario, polo que se solicita a certificación dixital para cidadáns -que actualmente se está esixindo de forma obrigatoria- e da posible negativa dos funcionarios á sinatura de dito contrato.
- Implantación da certificación dixital para funcionarios públicos.
Descarga da solicitude:
- Preme aquí
Preme nas imaxes para amplialas |
Imprimir artículo