Escrito remitido á Dirección Xeral de Xustiza
DIRECTOR XERAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
Praza de Europa nº 5 4ºandar
Santiago de Compostela
O pasado día 18 de febreiro remitímoslle unha carta onde lle recordabamos o compromiso asumido por vostede en Mesa Sectorial e ante a presenza do Sr. Conselleiro, de convocar de xeito urxente unha Mesa de Negociación Monográfica sobre Lexnet, para tratar todo aquilo que afecta aos Dereitos dos traballadores e as distintas problemáticas xeradas coa implantación.
No canto de cumprir co seu compromiso convocando a Mesa, o único que recibimos é correo electrónico asinado polo Sr. Miguel Formoso Sobrado, quen di seguir as súas instrucións. Neste correo electrónico supérase con fartura aquela triste frase do artífice da propaganda estatal “unha mentira repetida adecuadamente mil veces convértese nunha verdade”.
Durante o proceso de implantación de LexNet están xurdindo na nosa Comunidade Autónoma cuestions que xa foron suscitadas e resoltas nos territorios onde o aplicativo foi implantado con anterioridade. Una das cuestións consiste na obrigatoridade do aplicativo para todos os Corpos, que como sabedes está expresamente resolta no Real Decreto regulador de LexNet (polo seu interese o texto deste Real Decreto figura entre a Normativa que se publica no apartado "Espazo TIC" da nova intranet).
A outra cuestión que se está a suscitar é a tramitación dos certificados de sinatura electrónica da FNMT. Está cuestión, en idénticos nos termos que agora se está formulando por algunhas persoas (e que está recollida nun escrito remitido nos últimos días por CC.OO.), foi precisamente o motivo do conflicto xurdido na provincia de Guardalajara. Alí o conflicto xurdiu con motivo da aprobación dunha instrucción da Secretaría de Coordinación Provincial, que foi obxecto dun recurso contencioso-administrativo promovido pola Xunta de Persoal. Esta sentenza que agora remitidos resolve o conflicto. Invitamos a unha atenda letura do seu fundamento xurídico cuarto.
Respecto da intervención dos funcionarios da escala informática da Xunta de Galicia na tramitación da sinatura electrónica, cómpre recordarvos a existencia dun contrato entre a Xunta de Galicia e a Fábrica Nacional da Moeda e Timbre que ampara a expedición destes certificados. A actuación dos ditos funcionarios realízase en calidade de rexistradores da FNMT, segundo o procedemento asinado coa FNMT e que os acredita como persoal autorizado para a expedición de certificados.
Remito esta información seguindo instruccións do director xeral de Xustiza, de acordo coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.”
J. Miguel Formoso Sobrado
Subdirector xeral de Persoal da Administración de xustiza
Primeiro, é evidente que o Sr. Formoso non leu a nosa carta, xa que pola contra sabería que nin os traballadores, nin CC.OO opómonos á Modernización da Administración de Xustiza e por tanto ás novas tecnoloxías como Lexnet. Ao que nos opomos os traballadores é á imposición destas, sobre todo dos aspectos que afectan aos Dereitos dos traballadores (obrigacións, implicacións, responsabilidades, remuneración, vinculación, etc..).
En Segundo lugar queremos agradecer a invitación do Sr. Formoso á lectura, xustamente, dunha sentenza que el interpreta dálle a razón á Administración e da que CC.OO discrepa en todos os seus extremos. Á súa vez invitámoslle, seguindo esa teoría, a pagar o 4º punto nos S.C.N.E, Trienios da Directiva Europea, Substitucións Verticais mal asignadas, Pago Indemnizacións Funcionarios en Practicas, etc. ONDE TAMÉN EXISTEN SENTENZAS ESTIMATORIAS EN FAVOR DOS TRABALLADORES.
Si é verdade que existe un contrato entre Xunta-FNMT - circunstancia que non negamos, simplemente descoñecemos - que afecta aos Dereitos laborais e á esfera persoal dos traballadores debe ser negociado con eles na Mesa monográfica sobre Lexnet(a validez e o cumprimento dos contratos non pode deixarse ao arbitrio dun dos contratantes).
Tamén queremos ter o acordo Xunta-FNMT para saber con exactitude que dereitos e que obrigacións teñen os “funcionarios da Escala Informática da Xunta de Galicia”, tal e como os denomina o Sr. Formoso, porque se lles permite utilizar a coacción, a desinformación, o escurantismo e a exclusión dos representantes dos traballadores... será recorrido por CC.OO por ILEGAL.
Se a Dirección Xeral de Xustiza esta tan convencida de que as sentenzas xudiciais avalan a Implantación de Lexnet en Galicia e que o contrato Xunta-FNMT avala a utilización dos datos persoais, o certificado persoal e intransferible do traballador, a falta de explicación das responsabilidades, obrigacións, as coaccións aos traballadores... non entendemos a teimosía a non convocar unha Mesa monográfica sobre Lexnet.
Desta carta tamén lle daremos traslado ao Sr. Conselleiro Alfonso Rueda solicitándolle, non só a convocatoria da Mesa Monográfica sobre Lexnet, senón que presida a mesma para axudar a superar o bloqueo da negociación neste tema.
25 de febreiro de 2011
Asdo. Pablo Valeiras Ríos
Responsable do Sector de Xustiza de Galicia
Imprimir artículo